HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA.IDADE MODERNA

HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA.IDADE MODERNA

EPOCA CONTEMPORANEA

25,00 €
IVA incluido
Disponible entre 3-6 días
Editorial:
TREA EDICIONES S.L.
Año de edición:
Materia
Estudios de Género
ISBN:
978-84-15078-08-1
Páginas:
325
Encuadernación:
Otros
Colección:
25,00 €
IVA incluido
Disponible entre 3-6 días

Conteñen estas páxinas unha aproximación á historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político. No primeiro, constátase unha gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal, e tamén deixamos patente os dous tipos de mulleres a estudar en relación coa temática migratoria: as que sofren sen protagonismo directo a emigración, e as que participan na mesma. Respecto ao segundo, o papel desempeñado pola muller na actividade económica foi decisivo nun territorio como o galego, caracterizado por unha forte e permanente emigración masculina. No ámbito social incluímos temas como a súa educación, que tivo que facer fronte a innumerables vicisitudes, a sociabilidade de xénero e a pobreza, dentro da que o compoñente feminino é máis que notorio. Finalmente, enfrontamos as dúas imaxes de muller xunto coas súas circunstancias: no século XIX o concepto de ½ángel del hogar+ considerábase como a figura central á hora de definir o modelo decimonónico de muller ideal; mentres que o século XX trae consigo un novo prototipo de feminidade, representado pola ½muller moderna+.

Neste libro dase unha visión sintética da traxectoria histórica das mulleres que viviron na Galicia dos séculos XVI a XVIII. Na primeira parte expóñense as fontes de información nas que se asenta a investigación hoxe en día e o marco legal que afectaba as mulleres, para logo dar a coñecer cal era o seu papel na vida familiar e económica, as diferenzas sociais entre unhas mulleres e outras, o seu acceso á educación e á cultura, ou as súas prácticas relixiosas. Remátase a obra con un repaso xeral a como as galegas eran vistas desde fóra de Galicia ou por parte dos propios galegos, e cun conxunto de textos e referencias bibliográficas que poidan ser útiles ao público lector.